Labores de restauración nos parques da cidade logo dos temporais do Nadal

78

A Concellaría de Parques e Xardíns está a traballar nestes días na restauración das zonas verdes e dos parques da cidade que se viron moi afectados polos temporais que sufriu a cidade últimos temporais do Nadal.
Os traballos están a consistir na retirada de pólas e de árbores caídas, así como a reposición doutros elementos dos parques.
Estase a traballar na rúa Alameda (diante do ambulatorio Virxe Peregrina), xulgados, praza de Touros, Otero Pedrayo, Joaquín Costa, e especialmente, no parque das Palmeiras e no Miradoiro de Monte Porreiro, onde foi precisa a colaboración dos bombeiros e dunha pala para reto para retirar as árbores caídas.
Segundo as estimacións do servizo de Parques e Xardíns, nestes dous parques retiráronse 50 metros cúbicos de restos de vexetais.