Mellora da rede de alcantarillado na avenida de Vigo e en Alcalde Hevia

63

O Concello de Pontevedra realizará a reparación da rede de saneamento na cidade situadas na rúa Alcalde Hevia e na avenida de Vigo. Segundo explicou o concelleiro responsábel do Ciclo da auga, Raimundo González, trátase de reparar uns problemas localizados desde un tempo.

A actuación en Alcalde Hevia (a carón das oficinas da Consellería de Infraestruturas) ten un custe de 9.000 euros e supón renovar un pequeno tramo de alcantarillado.

Na avenida de Vigo, a actuación será entre os números 35 e 39 para substituir as canalizacións das augas pluviais e fecais, dado que existen frecuentes fugas e problemas neste punto. O investimento será de 21.000 euros.