Novo curso gratuíto do programa Ruralactivo sobre agroecoloxía e diversificación de montes montesmontes

57

O programa Ruralactivo, para a dinamización socioeconómica de Xeve convoca a un novo curso gratuíto sobre Agroecoloxía e diversificación de montes que terá lugar os días 14, 21 e 28 de xaneiro, ambas comezarán ás 19h no Centro Cultural de Santa María de Xeve:
• O día 14 de xaneiro ofrecerase unha contextualización sobre o proceso de constitución dunha explotación agroecolóxica.
• O día 21 de xaneiro, participará Belén Fervenza, membro da Horta do Cadaval, experiencia de produción ecolóxica que se iniciou hai seis anos en Redondela co obxectivo de achegar a produción local e sostible a través da venda directa ao consumidor/a.
• O día 28 de xaneiro, Laura Nieto e xentes da Abella Lupa, falarán sobre a potencialidade do monte e novos xeitos de aproveitamento da súa riqueza.
A Escola de Coñecementos é o programa de formación do Ruralactivo, proxecto promovido polo concello de Pontevedra, para a valorización do patrimoio local e a promoción do autoemprego nas parroquias de Santo André, Santa María de Xeve e Verducido.
A formación como peza chave para o autoemprego
O deseño desta ‘escola formativa’ realizouse a partir das conclusións extraídas na primera fase do Ruralactivo: os faladoiros, onde a xente analizou as parroquias, as súas potencialidades (como o patrimonio material, inmaterial e ambiental) e onde comezou a dar forma a posibles iniciativas de autoemprego.
Entregarase certificado de asistencia
As persoas interesadas en asistir ao curso deberán de inscribirse a través do www.ruralactivo.com ou no teléfono 693/354/879. Ao término, entregaranse certificados de asistencia a quen participe en todas as sesións formativas. Ademais, habilitarase un servizo de transporte de balde se o solicitan un mínimo de 10 persoas.