“Especial Segundo de Chomón”. Ciclo de cinema infantil 2013-2014

51

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: 17 h.

Ciclo de cinema infantil organizado pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra, o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Museo de Pontevedra, coa proxección de Especial Segundo de Chomón. “Os comezos do cinema”. 60 minutos.

A artista Raquel Queizás tomando como base a obra do turolense Segundo Víctor Aurelio Chomón e Ruiz, fai unha libre recreación dos comezos do cinema e rende homenaxe a unha figura descoñecida para o público xeral pero que hoxe é recoñecido como grande mestre do cine fantástico.

O Museo pon a disposición dos interesados cincuenta entradas, que poden ser retiradas na recepción do Sexto Edificio. +info. en www.museo.depo.es