Club de Lectura no Café Moderno

85

Lugar: Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia Pontevedra. Café Moderno.

Datas: os últimos xoves de cada mes.

Hora: 18 h.

Prezo: 10 €/sesión. +info. en www.servinova.com

O Club de Lectura que se pon en marcha pretende contribuir a mellorar a comprensión lectora, a dinamizar un ámbito do noso coñecemento que contribúa a estar máis formados e informados. Nas sesións mensuais fixarase como obxectivo o respeto á opinión allea, fomentarase que os participantes sepan dialogar e incluso en moitas ocasións cambiar de opinión sobre o libro grazas ao enriquecemento do que aportan as demáis persoas.