Pontevedra amosa en Bastia o seu modelo de cidade

38

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores participará esta semana nunha Xornada internacional da Mobilidade que se celebrará na cidade de Bastia, en Córcega, para falar da intermodalidade nos últimos kilómetros. Estará acompañado de Mathalie Leclerc e François Gigot, directores asociados da Rede Intermodes e de Astrid Mayer, portavoz da eco-barrio Vauban de Frigurgo.

Este convite xurde a raíz da visita que un grupo de eurodiputados fixeron a Pontevedra o pasado ano (un deles era de Bastia) e solicitaron a participación do alcalde nesta xornada que irá acompañada un debate sobre a mobilidade peonil. O alcalde irá acompañado do enxeñeiro xefe, Jesús Gómez Viñas "porque sempre estivo ao mando dos servizos técnicos nestes anos de transformación da cidade".

Pontevedra presentará un vídeo nesta xornada na que se amosa, de xeito resumido, a intervención en Pontevedra nestes últimos doce anos.

 

Para ver o vídeo:

https://youtu.be/_BAdOFufjhY