Reparación de emergencia dos danos do temporal de Nadal

52

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá afrontar por emerxencia parte dos danos causados polos temporais do Nadal tanto no centro urbano como no rural. Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González, as prioridades de emerxencia son as seguintes:

  • Reposición do sisteme de comunicacións da Policía Local, dado que o temporal arrancou o sistema de antenas da corpo policial. O investimento é de 9.788,42 euros. Será instalado por DMR Comunicación.
  • Reparación dos cuantiosos danos do Pazo da Cultura e Recinto Feiral por valor de 210.422,21 euros. Faranse reparacións de cristaleiras, pararaios, impermeabilización, ascensores, cadros eléctricos, lousas de pizarra da fachada… que serán acometidos por diversas empresas.
  • Reparación dos danos causados no Paseo dos Gafos por valor de 45.249,78 euros. Será a substitución e reparación de mobiliario urbano, dos paseos de xabre, das pasarelas de madeira, entre outras reparacións.

Segundo explicou Raimundo González, o resto de reparacións serán acometidas polas brigadas municipais así como polas empresas contratadas para o mantemento dos espazos urbanos e rurais, así como dos xardíns. Na actualidade estase a actuar na reparación dos danos dos colexios por parte das Brigadas.