Terra de Pastequeiros, este sábado no Pazo da Cultura

56

O Pazo da Cultura acolle este sábado, 18 de xaneiro, a partir das 19.00 horas a proxección do documental Terra de Pastequeiros, sobre as tradicións máxico relixiosas do Val de Tomeza, coa presenza da súa directora, a xornalista Ana Lois.

Este proxecto, que foi presentado esta mañá no Concello, ten o apoio da Concellaría de Patrimonio Histórico e Cultural, que dirixe Luís Bará quen defendeu o apoio das administracións, -do Concello en concreto-, a este tipo de proxectos como a fórmula para coñecer mellor esta parte do patrimonio inmaterial. O documental está centrado na figura do pasteco/pastequeiros, sanador tradicional propio da zona de Tomeza, traído á zona dende Portugal, probablemente a través dos canteiros de Tomeza que se trasladaban a Portugal a traballar, e que empregan a liturxia católica para sanar -especialmente para sacar o mal de ollo-.

Este proxecto está incluído dentro do traballo "Palabras secretas" que dirixe Ana Lois e que recolle tradicións maxico relixiosas de toda Galiza.

Para ver a promoción do documental:

 

https://vimeo.com/83994306