Lugar: Teatro Principal.
Hora: Dobre función. Ás 12 h. e ás 18:30 h.
Prezo: 4 € por persoa e función (gastos de tramitación incluidos). Billeteira aberta 2 horas antes de cada función. Entradas anticipadas á venda no 902 504 500 ou en www.servinova.com
A compañía Teatro Elegante (Galiza) porá en escea a obra "Aurora", dentro do ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal, que alcanza no 2014 a súa 15 edición.
Aurora é a historia do encontro dun aviador coa raíña das curuxas, que como a todas as curuxas gústalle máis a noite có día. Cando escurece séntese mellor ca nunca, voa dun lado para o outro, axita as ás e asubía coma o vento. Pero ao amencer, énchese de tristeza, o sol queima a súa pel e cega os seus ollos.
En Aurora a música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en vídeo creando un universo máxico, cómico e misterioso.
Teatro de actor e videocreación. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 3 anos.