“Clinc!”, por Pep Bou (Cataluña). Ciclo Domingos do Principal

81

Lugar: Teatro Principal.

Hora: Dobre función. Ás 12 h. e ás 18:30 h.

Prezo: 4 € por persoa e función (gastos de tramitación incluidos). Billeteira aberta 2 horas antes de cada función. Entradas anticipadas á venda no 902 504 500 ou en www.servinova.com

A compañía Pep Bou (Cataluña) porá en escea "Clinc!", dentro do ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal, que alcanza no 2014 a súa 15 edición.

Clinc! é o ruído que supoñemos que debe facer unha burbulla de xabón ao estourar, ou ao chocar con outra, ou ao rebotar…

Clinc! simboliza o cambio de actitude que teñen as persoas cando deixan de ver a vida de xeito pesimista, cando deciden contemplar a beleza do seu ámbito e comezar a cooperar en lugar de vivir de forma illada. Trátase dun xesto ou un símbolo no que as personaxes cambian de actitude e no lugar de vivir con medo ó descoñecido gozan do seu descoñecemento.

Teatro de actor e burbullas. Duración: 65 minutos. Recomendado a partir de 4 anos.