Rober Bodegas presenta “El umbral de la estupidez”

53

Lugar: SCD Mourente. Avda. de Lugo, 109.

Hora: 22:30 h.

Prezo: 8 € (anticipada) e 10 € (na billeteira). Entradas anticipadas á venda en www.mercaticket.com

O actor e humorista galego Rober Bodegas presenta o seu espectáculo “El umbral de la estupidez”.

“É cousa miña ou estámonos a volver estúpidos?”. Esta frase oímola mil veces, mesmo a dixemos. É unha frase feita. Pero, e se fose verdade? E se de súpeto estudos revelasen que isto é así? Que cada día somos máis parvos.