“Una niña” por La Rous (Andalucía). Ciclo Domingos do Principal

37

Lugar: Teatro Principal.

Hora: Dobre función. Ás 12 h. e ás 18:30 h.

Prezo: 4 € por persoa e función (gastos de tramitación incluidos). Billeteira aberta 2 horas antes de cada función. Entradas anticipadas á venda no 902 504 500 ou en www.servinova.com

A compañía La Rous (Andalucía) porá en escea "Una niña", dentro do ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal, que alcanza no 2014 a súa 15 edición.

Unha muller vive nun peirao enferruxado. Pesca todo o que a xente abandona. Un día prende nas súas redes algo nunca visto: unha nena dentro dunha botella. Asustada, rexéitaa impulsivamente, tirándoa de novo ao mar, pero despois decide ir buscala. Primeiro nun barquiño de papel e logo no fondo do mar.

Premio Nacional de las Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud 2011.

Teatro de actor e títeres. Espectáculo mudo.

Duración: 55 minutos. Recomendado a partir de 5 anos.