“Xango”, por Talía Teatro (Galicia). Ciclo Domingos do Principal

42

Lugar: Teatro Principal.

Hora: Dobre función. Ás 12 h. e ás 18:30 h.

Prezo: 4 € por persoa e función (gastos de tramitación incluidos). Billeteira aberta 2 horas antes de cada función. Entradas anticipadas á venda no 902 504 500 ou en www.servinova.com

A compañía Talía Teatro (Galiza) porá en escea "Xango", dentro do ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal, que alcanza no 2014 a súa 15 edición.

Esta é a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de todas as aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar. Benvidos ao máxico e dixital mundo de Xango!

Un espectáculo que nos fará reflexionar sobre os usos e abusos do mundo cibernético.

Teatro de actor, mimo e clown. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 7 anos.