“Jardín en el aire”, por Da.Te Danza (Andalucía). Ciclo Domingos do Principal

57

Lugar: Teatro Principal.

Hora: Dobre función. Ás 12 h. e ás 18:30 h.

Prezo: 4 € por persoa e función (gastos de tramitación incluidos). Billeteira aberta 2 horas antes de cada función. Entradas anticipadas á venda no 902 504 500 ou en www.servinova.com

A compañía Da.Te Danza (Andalucía) porá en escea "Jardín en el aire", dentro do ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal, que alcanza no 2014 a súa 15 edición.

Qué pasaría se unha onda xigante nos alonxara do que era a nosa vida até hoxe? Dúas personaxes arrastrados por unha catástrofe natural, chegan a un lugar extrano no que todo é novo e un ser que habita alí téndelles a man. Unha historia de amizade, de crecemento e superación.

Danza. Duración: 50 minutos. Recomendado a partir de 5 anos.