Lores entregará o premio Intermodes 2013 en Bruxelas en nome de Pontevedra

57

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores entregará o premio Intermodes 2013 na cidade de Bruxelas o vindeiro 6 de febreiro en nome da cidade de Pontevedra. Así o confirmou hoxe logo da súa chegada da cidade de Bastia onde participou nunha xornada europa da mobilidade, onde coincidu coa directora de Intermodes, Nathalie Leclérc, quen lle solicitou persoalmente a súa participación na entrega do premio Intermodes 2013 o vindeiro mes de febreiro.

Aínda que o alcalde non puido desvelar os premiados deste ano, explicou que se premia a dúas cidades europeas destacadas pola peonalización así como polo uso da bicicleta, seguindo un pouco a fenda que abriu Pontevedra o pasado ano ao recibir o Intermodes 2012.

O alcalde confirmou a súa presenza en Bruxelas, e tamén confirmou a próxima visita a Pontevedra de Intermodes, prevista para os primeiros días do mes de outubro. En Pontevedra terán unha sesión de traballo sobre a intermodalidade nos últimos kilómetros. Virán acompañados de prensa internacional.