“P3K: Pinocchio 3000”. Ciclo de cinema infantil

44

Lugar: Sexto Edificio. Museo de Pontevedra

Hora: 17 h.

Proxección do filme de animación “P3K: Pinocchio 3000”, dentro do ciclo de cine infantil organizado pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra, o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Museo de Pontevedra.

Ano 3000. Gepetto é un xenial inventor da cidade de Scamboville que crea a Pinocho: un pequeno robot coa personalidade dun neno de carne e óso. Pinocho está disposto a calquera cousa para conseguir o seu sono: converterse nun neno de verdade. Geppetto non comprende por que o malvado alcalde está tan celoso del, cando ten unha filla marabillosa. Pero o nobre Gepetto non comparte ese sentimento de odio, máis ben compadece do alcalde, o que fai enfurecer máis aínda a Scamboli.

O Museo pon a disposición dos interesados cincuenta entradas, que poden ser retiradas na recepción do Sexto Edificio.

+info. en www.museo.depo.es