Melloras nos estacionamentos de balde de Pasarón e A Parda

60

O Concello de Pontevedra iniciará en breve obras complementarias nos estacionamentos de balde de Pasarón e do barrio Leste para solucionar os problemas de drenaxe das augas pluviais orixinados polos os temporais do Nadal e o masivo uso destes espazos.

Luís Bará, concelleiro responsábel da obra, explicou que o Concello está moi satisfeito co resultado sobre o uso destes estacionamentos, ao igual que os veciños de ambas zonas que solicitaban espazos como estes. Recoñeceu que existe un problema de drenaxe das augas pluviais na parcela anexa a Pasarón. Os traballos complementarios consistirán facer unha achega de zahorra á parcela e correxir os niveis do terreo para darlle máis caída e conseguir, así, que drene mellor.

O masivo uso desta parcela durante o Nadal confirma a necesidade que esta zona da cidade tiña dun servizo coma este, que foi a decisión máis indicada do Goberno, especialmente cando non está previsto transformalo nunha zona verde (destino final da parcela) nin este ano nin no que vén.

Ao respecto da zona leste, tamén está previsto facer obras complementarias tanto evitar os arrastres de terra cara a rúa Losada Diéguez -provocados polos temporais-, así como mellorar o peche da parcela e eliminar algúns problemas de accesibilidade.