O programa de seguranza viaria chega ao rural

71

A Concellaría de Seguridade Cidadá e a Policía Local inician este xoves un programa de seguridade viaria no rural do concello como un chanzo máis no programa de educación viaria da concellaría que xa se estende ao ámbito do ensino, das embarazadas, de persoas maiores, de menores procesados ou condenados, entre otros colectivos.

Carme da Silva, responsábel da concellaría explicou esta mañá que o viario do rural é moi singular e diferente ao urbano, tanto polos seus usos como pola diferente tipoloxía de vía.

A maior parte dos accidentes que se producen no rural son por motivos de velocidade, polo que a través dos Consellos parroquiais, o Concello fixo esta proposta aos veciños do rural que aceptaron pór en marcha estas charlas que teñen por obxectivo diminuir o número de accidentes e a lesividade nas persoas e dotar aos usuarios das vías da estratexia e recursos para mellorar a seguridade viaria no rural do concello.

As estatísticas de accidentes no rural pontevedrés revela que os accidentes máis frecuentes son con feridos leves (o 25%) e por causa da velocidade, e o 7% por causa da tenencia de animais soltos. O 33% son feridos graves e é por causa da velocidade.

As charlas están abertas a todas as persoas que queiran asistir. A primeira será este xoves, ás 19.30 horas na Casa da cultura de Campañó. As intervencións correrán a cargo os axentes da Policía Local que integran o grupo de educación viaria da Policía.

Entre os diferentes temas que se tratarán na charla están:

  • Os peóns: uso da calzada, cruces da calzada, visibilidade co uso de chalecos, os pasos de peóns
  • A velocidade: a lesividade en función da velocidade, a necesidade de adaptar as velocidade ás características e usos das vías; lombos por todo o rural; implantación da zona 30, 40  e 60 dependendo do núcleo de poboación e uso da vía en todo o rural; velocidade adecuada…
  • As circunstancias psico-físicas: vista, oído, reflexos, tempo de reacción, alcol, drogas, medicamentos, riscos de falta de atención…
  • Causas da sinistralidade no rural de Pontevedra: a velocidade inadecuada, distraccións, tramos en obras ou condicións da via, animais soltos…
  • Conductas de risco: móbil, GPS, cinto, fumar
  • O seguro
  • O control de animais, as obrigas de control do conductor, art. 17 do RXC. A responsabilidade civil.
  • Circulación nas rotondas