“Hámster”, de Alejandro Cortegoso

39

Lugar: Liceo Mutante. Rosalía de Castro, 100.

Hora: 21:30 h.

A compañía compostelá Histeria Teatro representará no Liceo Mutante (Rúa Rosalía de Castro, 100) a obra de teatro “Hámster”, de Santiago Cortegoso.

Unha parella de hámster convive na súa gaiola. El é feliz coa súa situación tal e como está, e a súa maior ansia é gustarlle ao público que o vén ver. Pero ela non se conforma co que xa coñece, quere explorar máis alá, e por iso ten a maleta preparada. O premiado texto do cangués Santiago Cortegoso chéganos da man das actrices Lara Rozados e Pilar Muñiz, dirixidas por Miguel Rozados.

Lémbrade acudir cós vosos carnés de socios/as e asistide cos petos cheos de patacos para baleiralos na gorra que se pasará ao final do espectáculo e que irá integra a garantir a continuidade da tourné “Hámster”.

+info. en www.liceomutante.com