O Roteiro Castelao volve en 2014 co IES Luís Seoane

55

Un grupo de 50 alumnos/as de 4º da ESO e 2º de bacharelato do IES Luís Seoane fará mañá venres, día 24 de xaneiro, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra, saíndo ás 12.00 horas da praza da Ferraría.
O percorrido inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.
O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.