“La loca historia de Pontevedra”. Conferencia de Rodrigo Cota

70

Lugar: Local da Asociación de Veciños San Roque. Trav. Irmáns Pazó Montes, 2.

Hora: 20 h.

O escritor e periodista pontevedrés Rodrigo Cota falará do seu libro titulado “La loca historia de Pontevedra”, un anecdotario histórico de Pontevedra e a súa bisbarra no que poderemos ler máis de trinta historias rescatadas de textos antigos e documentos, na súa maioría descoñecidos ou esquecidos ao longo dos séculos. Historias que abranguen un percorrido dende a Idade Media ata mediados do século XIX.