Poxecto “A memoria das mulleres”

68

O proxecto municipal “A memoria das mulleres” nace co obxectivo de construír un fondo documental, gráfico e audiovisual sobre a historia das mulleres de Pontevedra.

O obxetivo é que este proxecto teña unha presenza en Internet como enciclopedia virtual sobre as vidas das mulleres do concello ao longo dos tempos, con atención específica ás pertencentes á clase traballadora.

Varios centros escolares de primaria e secundaria participarán nas tarefas de investigación e documentación.