“A ciencia divertida”, a cargo de Ana Romero Porto

33

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola". Rúa Alfonso XII, 3.

Hora: 18 h.

Entrada de balde, ata completar aforo.

Contos e obradoiro “A ciencia divertida”, destinado a nen@s de 3 a 6 anos, a cargo de Ana Romero Porto.

Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade, xa que todo é novo para nós, por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que nenos/as aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos /as ainda o están descubrindo. ¡Deixémoslles experimentar!.