“L’Armée du crime”. Ciclo “Cine e poesía”

65

Lugar: Sala VerSus. Sala VerSus. Rúa Gerardo Álvarez Limeses, 12.

Hora: 20 h.

Entrada gratuíta, ata completar aforo.

Proxección do filme francés “L’Armée du crime”, dirixido por Robert Guédiguian, no marco da programación do Ciclo “Cine e poesía”.

En París, no ano 1941 baixo a ocupación, un grupo dispar de resistentes comete atentados espontáneos e desorganizados. Missak Manouchian, un exiliado do xenocidio armenio, desexa axudalos pero é reticente á idea de matar. As circunstancias levarano a transgredir a súa ética.

Organizado pola Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías.