“Léolo” e “Inventions of Love”. Ciclo “Cine e poesía”

69

Lugar: Sala VerSus. Sala VerSus. Rúa Gerardo Álvarez Limeses, 12.

Hora: 20 h.

Entrada gratuíta, ata completar aforo.

Proxección de “Léolo” (Jean-Claude Lauzon, 1992) e “Inventions of Love” (Andrey Shushkov, 2010), no marco da programación do Ciclo “Cine e poesía”.

Léolo é un neno que vive nun humilde barrio de Montreal, atrapado nunha sórdida existencia. Cada noite intenta evadirse por medio dos recordos, os sonos e a súa desbordante imaxinación.

A curtametraxe animada “Inventions of Love” cóntanos unha historia de amor nun mundo de engrenaxes e parafusos, onde habita un home apaixonado, inventor de todo o que lle rodea, que un día perde a cabeza por amor.

Organizado pola Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías.