O alcalde dá os parabéns aos alumnos, premios extraordinarios de Educación

74

O alcalde recibiu esta mañá aos alumnos de Pontevedra gañadores do premio extraordinario a esforzo educativo e ao rendemento académico. Son:
• Esforzo educativo
o Baltar Morgade Lores (IES Luís Seoane)
• Rendemento académico
o Úrsula Andrea Martínez Álvarez (IES Valle Inclán)
o María Bará Louro (IES Sánchez Cantón)
o Andrés Vidal González (IES Sánchez Cantón).
Aos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico, convocados pola Consellería de Educación, pode presentarse o alumnado que ten expediente igual ou superior a 9 na ES. Concorren a un exame (foi no mes de outubro) no que se seleccionan os 20 mellores de Galicia. En Pontevedra foron tres alumno/as premiados, sendo Úrsula Andrea Martínez Álvarez, do Valle Inclán, a número 1 de toda Galiza. Como premio reciben 750 €.
Os Premios extraordinarios ao rendemento académico son a proposta do centro, atendendo a circunstancias que concorran e que fagan merecedora de recoñecemento. Tamén reciben un premio de 750 euros. En Pontevedra houbo un alumno premiado: Baltar Morgade Lores, do IES Luís Seoane.
Segundo as bases dos premios o obxecto é “dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal”.
O alcalde felicitou e animou a todos os premiados a continuar por esta senda dado que son un exemplo para a sociedade de Pontevedra e unha representación da mocidade de Pontevedra o que supón todo un orgullo para o concello e para o alcalde.
Fernández Lores resaltou a importancia de que todos os premiados en Pontevedra estudan en centros de ensino públicos, de aí a importancia do ensino público para construír unha sociedade máis cohesionada e igualitaria. Tamén defendeu o labor dos ensinantes para compensar as reduccións do gasto público en Educación.