O Concello recurre a sentenza de Sogama ante o Constitucional

68

A Xunta de Goberno acordou esta mañá a interposición dun recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional pola sentenza contraria os intereses municipais no caso das facturas de Sogama.

Raimundo González, portavoz do Goberno, explicou que en febreiro o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza daba a razón ao Concello, ao dar por bo o contrato e a cláusula de revisión que figura no contrato do Concello de Pontevedra con Sogama. Nun recurso de casación elevado por Sogama a esta sentenza, para a unificación de doctrina, o Tribunal sácalle a razón ao Concello dándolla á Sogama.

Ao non entender o gabinete xurídico do Concello a vulneración do corpus legal autonómico na última sentenza ditada polo Tribunal e froito da que se incluínan a favor de Sogama, presenta un recurso de complemento ante o Tribunal, que tamén foi rexeitado sen entrar no fondo do asunto e alegando que de indicar esa vulneración debería cambiar o faio, dándolle a razón ao Concello.

Dende o Concello de Pontevedra enténdese que se está no uso da verdade, polo que acolléndose á vulneración da tutela xudicial efectiva, recurre en amparo ante o Tribunal Constitucional. Mentes o Concello manterá o seu criterio de facturación a Sogama.