Pontevedra enviará achegas á comisión que estuda a nova Lei do Solo de Galiza

54

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera participou onte na comisión do Parlamento galego creada para redactar a nova Lei do Solo de Galiza. Convidado pola presidenta do Parlamento para formar parte do corpo de expertos, no ámbito político, Mosquera expuxo a experiencia de Pontevedra e as prácticas implantadas na cidade.

Pola petición da Comisión, o concelleiro comprometeuse en enviar ao Parlamento de Galicia, no prazo dun mes, aproximadamente, un texto coas achegas de Pontevedra a este borrador da lei para tratar de mellorala coa experiencia pontevedresa.