Esta fin de semana comeza Noites Abertas cumpla ampla oferta de actividades

55

A Concellaría de Xuventude arranca esta fin de semana coa XV edición das Noites Abertas, cunha ampla oferta de actividades de todo tipo pensadas como oferta lúdica alternativa para os mozos e mozas de Pontevedra.
A proposta para esta primeira fin de semana é a seguinte:

VENRES, 31 DE XANEIRO
• Froebel
o 20-22h. Esgrima e loita escénica
o 20-22h. Amigurumis: bonecos 3D
o 20,30-23,30h. Ganchillo XXL: cesto
o 21-00h. Postres do mundo: árabes
o 22-23,30h. Baile latino

• Casazul
o 20-21,30h. Taichi e Chikung: artes marciais internas
o 20,30-22,30h. Fotografía-Lomografía
o 21-23h. Mecánica básica e mantemento de bicis
o 22-00h. Masaxe tailandesa

• Local de música
o 20-21,30h. Caixón flamenco
o 21,30-23,30h. Guitarra (iniciación): rock

SÁBADO, 1 DE FEBREIRO.
• Froebel
• 20-21,30h. Baile galego
• 20,30-00h. Tenis de mesa libre
• 21-23h. Animación con stop-motion e cut out
• 21-00h. Ganchillo e calceta: gorro
• 21,30-23,30h. Pandeireta (iniciación)
• 21-00h. Cociña para estudantes: vexetariana

• Casazul
o 20-21,30h. Taichi e Chikung: artes marciais internas
o 21-23h. Queres deixar de fumar?
o 21,45-23,15h. Danza contemporánea

• Local de música
o 21-22h. Instrumentos pobres da música tradicional
• Pavillón multiusos
o 21-23h. Billarda
o 21-23h. Tiro con arco
• Campos de herba sintética
o 22-01h. Fútbol 7


COUSAS QUE TES QUE SABER SOBRE AS ACTIVIDADES
• De balde: todas as actividades son gratuítas.
• Prazas dispoñibles: algunhas actividades teñen límite no nº de participantes para o que se farán sorteos das prazas se chegado o caso hai máis participantes ca prazas dispoñibles.
• Inscrición previa: algunhas actividades requiren inscrición previa na Oficina de Xuventude chamando ao 986 100 185 ext. 7491 e 7492 (de 9 a 15h) ou xuventude@pontevedra.eu : observación astronómica, anelamento de aves, obradoiro de instrumentos vexetais, IITorneo de Magic NNAA: Legacy, excursión ao skatepark. Acceso sen inscrición sempre que quedaran prazas dispoñibles.
• Debes levar…  fíxate nas iconas dalgunhas actividades, son avisos importantes do que tes que saber antes de acudir á actividade.
• As idades: respecta as idades ás que van orientadas. Todas as actividades van dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos, agás as que se dirixen a mozos/as maiores de:
◦  14 anos (esgrima e loita escénica, obradoiro de sexualidade, tiro con arco, navegación segura en Internet,  representación teatral "Hámster", coro moderno, fotografía-lomografía, fotografía analóxica e tradicional, retoque fotográfico dixital, álbum dixital, retoque fotográfico, creando blogs fotográficos).
◦ 16 anos (con trapos e trapillos, alfombras, danzas do mundo, Love coaching: obradoiro de ligue, "Descobre o teatro por dentro", coiro, masaxe tailandesa, mecánica básica e mantemento de bicis, fixies: bicis de piñón fixo, cociña vegana, apetitivos: pintxos e tapas, adestramento canino).
◦ 18 anos (desinhibición de rúa, risoterapia, danzaterapia e defensa persoal-hapkido).

CARNÉ DE SOCIO/A:
Fai o teu carné de socio/a. Non é requisito para entrar nas actividades pero permíteche participar nos sorteos de bonos de libros ademais de obter información de primeira man sobre as actividades que organiza  o Concello de Pontevedra para a mocidade ao longo de todo o ano.