A feira de oportunidades “Stock Pontevedra” abre as súas portas no Recinto Feiral ata o próximo domingo

53

Xa está aberta a feira de oportunidades “Stock Pontevedra”. Ata o próximo domingo, día 2, será posible adquirir produtos das mellores marcas aos mellores prezos gracias a unha iniciativa que comparten a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo, o Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCUZM) e a asociación empresarial Aempe.
A feira estará aberta entre as 11 e as 21 horas durante as tres xornadas. A entrada terá un custo de 1,50 euros e dará acceso a un Recinto Feiral que estará completamente ocupado por un total de 60 expositores. O téxtil será o sector protagonista, pero haberá tamén stands dedicados á Peletería, Complementos, Calzado, Decoración, Deportes, Óptica e Antigüidades.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, inaugurou hoxe o certame acompañada da concelleira de Promoción Económica, Carlota Román; o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores e os representantes dos comerciantes, Miguel Lago e José María Corujo.
Carlota Román subliñou que trátase da feira con maior aceptación popular de cantas se celebran no ano. Un total dunhas 50.000 persoas pasaron o pasado ano polas distintas actividades feirais organizadas ou patrocinadas polo Concello. Ás máis de 30.000 persoas captadas polo resto de eventos hai que sumar as preto de 20.000 que asistiron á última edición de “Stock Pontevedra”. Para este ano agárdase unha cifra similar.