Festival “Miradas de Mulleres”

57

Lugar: Salón de actos do Sexto Edificio. Museo de Pontevedra.

Hora: 20 h.

O propósito principal deste festival, creado en 2012 pola artista Mareta Espinosa, é o de difundir o papel da muller dentro de todos os ámbitos profesionais das artes visuais, desde a creación artística ó comisariado, á crítica, á investigación e á xestión.

Este ano o Museo de Pontevedra súmase a esta iniciativa co seguinte programa:

6 de marzo > Conferencia a cargo de Natalia Fraguas, conservadora do Museo de Pontevedra “Muller burguesa e xoiería no século XIX. A democratización do luxo”.

12 de marzo > Recital poético de Dores Tembrás: “Onde pousar o verso” Ciclo de conferencias: Mulleres artistas

26 de marzo > Beatriz de San Ildefonso. “Mulleres artistas na colección do Museo de Pontevedra”.

27 de marzo > Elena Colmeiro. “Elena Colmeiro e as artistas da súa xeración, a súa experiencia persoal”.

28 de marzo > Almudena Fernández Fariña. “A miña obra e as artistas da miña xeración. A miña experiencia persoal”.

+info. en www.museo.depo.es