Memoria dos servizos de bombeiros

66

O Servizo de extinción de incendios presentou esta mañá a memoria de actuacións e actividades de 2013 na que destaca a reducción de intervencións en accidentes de circulación, de 56 no ano 2008 aos 30 de 2013. A concelleira delegada do servizo, Carme da Silva explicou que o servizo ten un custe duns 1,8 millóns de euros ao ano, aos que hai que engadir 700.000 euros en material.

O xefe de bombeiros, Manuel Torres explicou que o número de intervencións foron 330, das cales 284 foron saídas de emerxencia, nove delas fora do termo municipal.

Trátase dunhas intervencións incluídas dentro da media anual, e Pontevedra está entre as cidades españolas con menos intervencións de bombeiros, o que indica que "Pontevedra é unha cidade segura".

Ver documento PDF