Entrega de diplomas aos participantes no curso de iniciación ao galego para inmigrantes

68

A Concellaría de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces participou esta mañá na entrega de diplomas aos alumnos do curso de iniciación ao galego para inmigrantes organizado pola Fundación Amigos de Galicia. Un acto celebrado na Casazul no que tamén participou o director xeral da entidade, Jesús Busto Peteiro.
Amigos de Galicia puxo en marcha en 2013 este curso debido ás dificultades co idioma que presentan as persoas inmigrantes e constatando que ditas dificultades impiden a súa inserción laboral e por tanto, a súa independencia económica e social. O curso pretende dotar de coñecementos básicos ás persoas inmigrantes, de cara a que podan manter unha conversas a nivel inicial.
No curso participaron persoas con residencia en Pontevedra, Marín, Soutomaior e Poio.