Filosofía e revolución na XXXI Semana galega de filosofía

48

"Filosofía e Revolución" este é o título da XXXI Semana galega de filosofía que este ano organiza a Aula Castelao de Filosofía, cuxos representantes se reuniron esta mañá co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores para presentarlle persoalmente o programa (dado que é das poucas institucións que continúan a sufragar este foro de pensamento único na Galiza).

A Semana galega de filosofía celebrarase nesta ocasión entre o 21 e o 25 de abril no Teatro Principal.