Miguel Costas no 8º aniversario da Sala Karma

36

Lugar: Sala Karma. Rúa Marqués de Riestra, 34.

Hora: 22 h.

Prezo: 9 € (anticipada) e 12 € (billeteira). Entradas anticipadas á venda en Rei Zentolo Pontevedra, El Pequeño Karma e www.ticketea.com

Miguel Costas e a súa banda fan parada na cidade de Pontevedra para celebrar o 8º aniversario da Sala Karma.

Costas, un dos protagonistas máis activos da chamada movida viguesa dos 80, a voz de cancións tan coñecidas como “Miña terra galega”, “Soy una punk”, e un larguísimo etc. Agora xunto con Little Naya (guitarra), Coché Vil (baixo) e Bonham (batería), regresan con un novo e potente disco titulado “Alguien tenia que hacerlo”.

Todo isto avanza que as noites dos concertos de presentación do disco serán inesquecibles, porque poderemos volver escoitar e botar con temas como “Assumpta”, “Bailaré sobre tu tumba” e con temas novos dos que seremos testemuñas da súa conversión en novos himnos.