Trabállase no drenaxe das augas pluvias do estacionamento de Pasarón

41

O concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará fixo repaso esta mañá dos diferentes puntos de obra que se retomaron estes días coa chegada do bo tempo. Explicou que a prioridade para o Goberno local neste momento é atender a todas estas pequenas e grandes reparacións necesarias logo dun inverno tan duro e longo.

Mañá mesmo comezará o asfaltado na zona sur da cidade entre as rúas Fernando II e Bibiano Osorio Fernández Tafall, e tamén se comezará a traballar nas rúas Ferreiros e en Paseo de Colón.

Tamén está previsto rematar as obras de Benito Corbal coa unificación da praza de Ourense e o tramo peonil de Benito Corbal actuando no cruzamento destas rúas con Daniel de la Sota e Cobián Roffignac. Para iso son precisos labores de fresado, reasfaltado e pintado nalgúns puntos.

Ademais, tamén se traballa na reparación do estacionamento en superficie e de balde no barrio do Burgo, xunto ao campo de fútbol de Pasarón. Estanse a mellorar a drenaxe das augas pluviais da parcela cara a avenida da Coruña, e substituirase todo o xabre por zahorra que dará consistencia ao firme do estacionamento, un dos máis empregados da cidade.