Nelson Cascais & SPJ Group. Ciclo “Jazz no Principal”

68

Lugar: Teatro Principal.

Hora: 21 h.

Prezo: 5 € (público xeral) e 3 € (para estudantes, parados e xubilados). Entradas anticipadas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com e o mesmo día no despacho de billetes do Teatro Principal dende 1 hora antes.

Concerto a cargo de Nelson Cascais & SPJ Group dentro do Ciclo “Jazz no Principal”.

Dende 1995 Nelson Cascais desenvolve unha activa carreira como sideman tendo colaborado con nomes consagrados como Bernardo Sassetti, Maria João & Mário Laginha, Carlos Martins, Laurent Filipe e Pedro Madaleno, con algúns dos mais talentosos músicos da sua xeración como Nuno Ferreira, Jorge Reis, André Fernandes e Afonso Pais e ainda con varios músicos estranxeiros  entre os que destacan Rick Margitza, Perico Sambeat, Julian Arguelles, Dave O´Higgins, John Ellis, Aaron Goldberg, Jorge Pardo, Jerome Richardson, Maria Schneider, Ivan Paduart e Jarmo Savolainen.

En 2002 edita o seu primeiro cd "Ciclope" e no 2005 grava o seu segundo cd “Nine Stories”, os dous coa discográfica Tone of a Pitch.