Lugar: Teatro Principal
Hora: 21 h.
Entrada libre ata compleat aforo.
As Mestras Republicanas foron unhas mulleres valentes e comprometidas que participaron na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación, baseada nos principios da escola pública e democrática.
Este documental a través da recreación dunha mestra da época, e imaxes de arquivo inéditas, descóbrenos o marabilloso legado que nos deixaron as mestras republicanas e que chegou ata os nosos días.
Articulado sobre a base de testemuños de investigadores e familiares, imos coñecer o momento histórico que viviron estas docentes e a súa participación na transformación social do noso país a través da educación.