Aínda hai prazas para ir visitar os viñedos ecolóxicos do Cume do Avia

67

O Concello de Pontevedra aínda mantén aberto o prazo para inscribirse nas visitas a experiencias tratadas no programa Ruralactivo. Nestas visitas poderase coñecer hortas e viñedos agroecolóxicas, un centro de coidados á terceira idade e de recuperación do patrimonio, así como un mercado de alimento labrego.
A primeira saída será este sábado, 15 de marzo  para visitar os viñedos ecolóxicos do Cume do Avia (Ribadavia) e o Centro de desenvolvemento rural O Viso (Lodoselo, Ourense).
A inscrición poderá ser a través da web www.ruralactivo.com ou no teléfono 693 354 879.