O alcalde coñece as últimas melloras do Concello na parroquia de Santa María de Xeve

32

O alcalde e o concelleiro delegado da parroquia de Santa María de Xeve, Miguel Filgueira visitan esta tarde distintos lugares da parroquia no que o Concello realizou obras de distinto tipo. O punto de encontro será a Casa da Cultura de Santa María, onde visitarán o recén instalado parque infantil, un equipamento que se suma a un dos puntos de encontro dos veciños do lugar.
Tamén visitarán obras no lugar das Fontáns onde se arranxou un lavadoiro, unha ponte e un camiño. Tamén o lugar de Costiña onde se fixeron traballos nas cunetas, e no lugar da Igrexa onde se levantou un muro de contención. Tamén aproveitarán a visita pola parroquia para ver as obras de Frieiro, onde se fixo a primeira fara do arranxo do camiño de acceso ao lugar.
Nestes traballos o Concello fixo un investimento de máis de 180.000 euros, que se completarán neste ano con outras obras e instalacións como sendas pistas de petanca e chave na parcela da Casa da Cultura; a segunda fase do lugar de Frieiro e arranxos de muros, pistas e canalizacións de pluviais e cunetas especialmente danados polo duro inverno vivido.