A rehabilitación estrutural da Gándara pecha ao tráfico parte da rúa dende mañá

63

Mañá comezán as restriccións de tráfico na rúa da Gándara, onde se están a facer traballos de renovación estrutural por valor de 241.370,80 euros. Trátase da primeira fase dunha actuación moi necesaria dado que a rúa atópase en moi malas condicións de conservación.
A empresa Construccións Crespo, adxudicataria da obra, en coordinación coa Policía Local implantará un plan de tráfico que restrinxirá a circulación na zona para poder acometer a mellora.
Con carácter xeral, a rúa da Gándara permanecerá pechada ao tráfico no tramo en que se executen as obras (dende a rúa Santiña até a metade da rúa, pasado o cruce coa rúa Cordón). A Policía recomenda ir facendo a obra por fases (até catro) para poder ir abrindo tramos de rúa.
A rúa Cordón e o resto da rúa da Gándara, até a súa unión coa estrada de Santiago, permanecerán reservadas para tráfico de residentes e de servizos. O resto resto dos viais: A Santiña, Martín Códax, a avenida da Coruña ou Juan Bautista Andrade manteñen os tráficos normais e son as recomendacións disuasorias da Policía Local.
O proxecto permitirá facer unha rehabilitación estructural de todo o firme nunha superfice de 233 metros lineais. Na actualidade, as deficiencias que existen na rúa son tan importantes que o seu mantemento resulta costoso, polo que os técnicos municipais apostan pola súa rehabilitación.
Tamén está previsto unha nova rede de abastecemento e de saneamento, con separativa de pluviais que irá acompañada de sumidoiros e todos os elementos necesarios desta rede. A obra rematará cunha nova sinalización horizontal e vertical neste tramo da rúa proxectado.
A rehabilitación estrutural ten por obxecto non só restaurar e mellorar as características superficiais do pavimento, senón tamén conformar e reforzar a superestructura que soporta o tráfico e a actividade que se desenvolve na rúa da Gándara, que é lugar de paso cara a Xunqueira de Alba e próximo ao Camiño portugués.