“As do peixe”

72

Lugar: Pazo da Cultura.

Hora: 21 h.

Prezo: 8 € e 4 € (estudantes, menores, parados e xubilados, gastos de tramitación incluidos). Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

Abrapalabra Creaciones Escénicas presenta a obra “As do peixe” no marco do XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez. Trátase dunha viaxe a través da memoria, unha crónica das mulleres traballadoras da conserva, baseada en testemuñas reais da vida nas fábricas a partir dos anos setenta e contada desde o momento actual.

Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e Tere, reúnense periodicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras.

Aquí tratan de relembrar o seu pasado laboral e o de tantas mulleres que, logo de que a fábrica de conservas máis importante da vila pechara, despois de moitas loitas e desenganos, víronse sen traballo e sen posibilidades reais de volver recuperalo.

A súa historia, e a de moitas outras mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen traballo.