Nova convocatoria de concesións de nichos en San Amaro e Ponte Sampaio

65

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá unha nova convocatoria de contratación de nichos nos cemiterios de San Amaro e Ponte Sampaio. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello entre o 1 de xuño e o 30 de setembro. Na actualidade están a disposición de sacar en concesión 170 nichos en San Amaro e 40 no cemiterio municipal de Ponte Sampaio.