Ton Risco Quinteto. Ciclo “Jazz no Principal”

57

Lugar: Teatro Principal.

Hora: 21 h.

Prezo: 5 € (público xeral) e 3 € (para estudantes, parados e xubilados). Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com e o mesmo día no despacho de billetes do Teatro Principal dende 1 hora antes.

Concerto a cargo de Ton Risco Quinteto, dentro do Ciclo “Jazz no Principal”.  Ton Risco (vibráfono), Javier Pereiro (trompeta), Marcos Pin (guitarra), Jose Manuel Díaz (contrabaixo) e Carlos López (batería).

Ton Risco, percusionista ourensán formado entre Galicia e Holanda, aposta polo vibráfono para un quinteto que leva o seu nome e no que os temas de composición propia conviven con versións, tamén moi persoais, de standards do jazz. A singularidade tímbrica do vibráfono, xunto á variedade dinámica do repertorio, tece un fío de concerto que se move entre a tradición e a modernidade.