Un novo plano coas rutas do transporte urbano

111

A Concellaría de Transportes presentou esta mañá un novo plano de transporte público na cidade que se instalará nos vindeiros días nas marquesiñas do centro urbano. 

Nestes planos, ademais de incluír as rúas da cidade, tamén aparece o metrominuto, información sobre taxis, tren ou aeroportos, e as liñas máis importantes que atravesan o centro urbano. As de máis frecuencia (que teñen saídas cada media hora ou menos), as de frecuencia media (unha saída cada hora) ou frecuencia baixa (de menos de 10 servizos ao día).

Segundo explicou o concelleiro de Transportes, Miguel Filgueira esta é unha primeira fase dun plan máis ambicioso que pasa pola concesión de fondos europeos para a dixitalización das paradas de bus así como das pantallas indicadoras dos estacionamentos privados da cidade.

Ver documento PDF