A canceira xa dispón de 45 novos canís e afronta a segunda fase de reforma

38

O concelleiro de Sanidade Animal, Miguel Filgueira visitou esta mañá as obras da canceira, situadas na parroquia de Campañó, nas que o Concello inviste 198.861 euros. As obras superaron nestes días o seu ecuador coa construción de 45 canís, e afróntase o adecentamento do resto de espazos.
Segundo explicou esta mañá o concelleiro, as obras deberán estar rematados entre o mes de maio e de xuño.
Entre as obras a executar está a creación dun acceso peonil dende a estrada ao edificio da canceira independizado, mediante valado, do resto das instalacións co propósito de conseguir que o persoal traballador ou voluntario, e tamén os visitantes, poidan acceder ao interior sen necesidade de pasar entre os cans soltos.
Xa se construíron 50 canís cubertos para liberar espazos no edificio principal necesarios para outros usos como almacén, aseos, clínica veterinaria… Formación de espazos exteriores independentes mediante a instalación de valados metálicos.
O proxecto tamén pretende mellorar as condicións de limpeza e hixiene mediante a pavimentación con formigón pulido de parte da superficie exterior do recinto, canalizando as augas sucias até a rede de saneamento. Tamén se instalarán billas distribuidas no interior do recinto. Está previsto a mellora do exterior do edificio co seu pintado.