Asfaltados nos lugares do Sixto e o Covo na Canicouva e en Ponte Sampaio

62

O Concello realiza nestes días traballos de asfaltado de distintas vías rurais nas parroquias de Ponte Sampaio e A Canicouva. Estas obras permitan mellorar o tránsito a distintos núcleos residenciais das parroquias, e están incluídos dentro do obxectivo de ampliar a vida útil dos espazos públicos.
Un dos asfaltados estase a realizar no lugar do Sixto, na parroquia de Canicouva. Unha superficie duns 300 metros lineais que mellora o acceso a un núcleo de vivendas.
Na parroquia de Ponte Sampaio tamén se está a asfaltar o acceso á vivendas no lugar do Covo.