Rafa Águila & SPJ-Group. Ciclo “Jazz no Principal”

56

Lugar: Teatro Principal.

Hora: 21 h.

Prezo: 5 € (público xeral) e 3 € (para estudantes, parados e xubilados). Entradas anticipadas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com e o mesmo día no despacho de billetes do Teatro Principal dende 1 hora antes.

Concerto a cargo de Rafa Águila & SPJ Group dentro do Ciclo “Jazz no Principal”.

Rafa Águila é  natural da Habana (Cuba), pero xa leva uns anos afincado en Madrid. Águila é unha das novas voces do jazz cubano na península ibérica, xunto con Ariel Bringuez os irmáns Vistel ou Reinier Elizarde "El Negrón". Neste concerto estará tamén acompañado do mítico batería madrileño Juanma Barroso, que xunto cos alumnos do SPJ, farán o peche desta edición do Jazz no Principal 2014.