O Concello pecha o 2013 cun superávit de un millón de euros

76

O Concello de Pontevedra pechou o exercicio de 2013 con superávit, segundo informou esta mañá o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González Carballo. Os datos avanzados polo responsábel das contas municipais reflexan a "boa xestión e os bos parámetros financieiros".

A liquidación do orzamento de 2013 indica que o orzamento partiu de 57 millóns e rematou en 75.700.000 euros logo das incorporacións de remanentes e modificacións de crédito. Fixéronse pagos por valor de 69.679.000 euros, polo que a execución do orzamento foi dun 92,02%, "e se contamos os gastos autorizados pero que se retrasaron chégase ao 95,7%. En relación ao ano anterior, a execución incrementouse nun 3%.

No capítulo de investimentos, a execución foi dun 86%.

O superávit rexistrado no orzamento de 2013 foi de 1.052.000 euros, e a situación económica do Concello en relación ao Remanente de tesourería é de 12.500.000 euros.

O Concello ten aforro neto, e diminuiu a débeda en relación ao ano anterior, situando a débeda viva en 29,49%, é dicir, en 19.372.385 euros a 31 de decembro de 2013.