III Xornadas de Patrimonio Rural

69

Lugar: Misión Biolóxica de Galicia. Salcedo.

Datas: do 3 ao 5 de abril.

Inscrición no correo electrónico patrimoniocultural@pontevedra.eu, indicando nome, apelidos e teléfono de contacto.

III Xornadas de Patrimonio Rural baixo o título “Patrimonio e participación”. Organizadas pola Concellaría de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra.

XOVES 3 DE ABRIL:

Aberta. Na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto 9-11).

17:30 h. Conferencia de Ángel Portolés Górriz, coordinador do proxecto Patrimoni da Universidade Jaume I de Castellón, quen falará sobre “O proxecto Patrimoni como proceso de revalorización do patrimonio cultural no medio rural de Castellón”.

18:30 h. Mesa de experiencias do tecido asociativo, coa participación de Álvaro Peralta, do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM); Lois Diéguez, da asociación Lugo Patrimonio, Manuel Vilar Álvarez, do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, e Consuelo Castro Rey, da asociación O Sorriso de Daniel.

VENRES 4 DE ABRIL:

17:30 h. Conferencia de Ángel Portolés Górriz, coordinador do proxecto Patrimoni da Universidade Jaume I de Castellón, quen falará sobre “O proxecto Patrimoni como proceso de revalorización do patrimonio cultural no medio rural de Castellón”.

18:30 h.  Mesa de experiencias do tecido asociativo, coa participación de Xosé Lois Vilar Pedreira, director da Sección de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM); Lois Diéguez, presidente da asociación Lugo Patrimonio, Manuel Vilar Álvarez, vicepresidente do Seminario de Estudos Comar-cais da Costa da Morte, e Consuelo Castro Rey, vicepresidenta da asociación O Sorriso de Daniel.

SÁBADO 5 DE ABRIL:

10 h. Conferencia de Manuel Gago Mariño, xornalista cultural e profesor da Universidade de Santiago de Compostela: “Patrimonio, participación e comunicación”.

11 h. Pausa – café.

11:30 h. Mesa de experiencias institucionais, coa participación de Beatriz Comendador Rey, arqueóloga e directora do Proxecto Alto Támega; Iván Franco Caamaño, do Museo Aberto de Carnota, e Silvia González Soutelo, arqueóloga e directora do proxecto Vila Romana de Currás.

13 h. Exposición a cargo de Luis Bará, concelleiro de patrimonio histórico en Pontevedra sobre “Patrimonio e participación no Concello de Pontevedra: os proxectos e os procesos”.

13:30 h. Actuación do grupo de música tradicional “Adonairare” na eira do hórreo.

14:30 h. Xantar. A participación no xantar e opcional. Inscrición previa até o xoves 3 de abril. Prezo: 18 €.